Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 13 de agosto de 2013 Páx. 32843

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 11 de xuño de 2013, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pola que se dá publicidade á relación de petróglifos do concello de Mondariz e se ordena o seu asento no Rexistro de Bens de Interese Cultural.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 130, do 10 de xullo de 2013, cómpre facer as seguintes correccións: na penúltima fila do anexo, onde se mencionan os petróglifos de Centieira, na columna que se refire á parroquia, onde di: «Mondariz (Santa Baia)», debe dicir: «Sabaxáns (San Mamede)» e, na columna que se refire ao lugar, onde di: «Sabaxáns», debe dicir: «Centieira».