1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Servizo de Contratación.
2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.
3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
4) Teléfono: 881 54 27 87.
5) Telefax: 881 54 27 62.
6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 12.9.2013.
d) Número de expediente: AB-SER1-13-062.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: servizo de desenvolvemento dunha plataforma multiespecialidade de procesamento avanzado de imaxe médica dixital de axuda ao diagnóstico dentro do subproxecto IS-9: sistemas de diagnóstico asistido por ordenador.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Prazo de execución/entrega: desde a súa formalización ata o 30.11.2015.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 72000000-5.
3. Tramitación, procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, se é o caso:
Concepto |
Puntuación |
Criterios non valorables de forma automática (sobre B) |
0-50 |
1. Proposta funcional |
0-20 |
2. Proposta técnica |
0-10 |
3. Plan de proxecto e plan de negocio |
0-10 |
4. Elementos innovadores tecnolóxicos e organizativos da solución exposta |
0-10 |
Concepto |
Puntuación |
Criterios valorables de forma automática (sobre C) |
0-50 |
1. Prazo en meses de servizos en mantemento evolutivo e correctivo da solución |
0-15 |
2. Accións ou servizos que faciliten a implantación da solución |
0-12 |
3. Condicións de participación en beneficios de explotación |
0-10 |
4. Achega pola empresa de melloras en funcionalidades do produto relacionadas co obxecto do contrato a través de servizos de desenvolvemento ou achega de produtos propios. |
0-8 |
5. Prezo |
0-5 |
4. Valor estimado do contrato: 300.006 euros.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 300.006 euros. Importe total: 363.007,26 euros.
6. Garantías exixidas:
Provisional: non. Definitiva 5 % do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 e categoría B.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 5.3.2.g) e h) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 12.9.2013.
Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.
2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Admisión de variantes, se procede: non.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de publicidade: si, por conta do/s adxudicatarios.
11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Unión Europea: 7.8.2013.
12. Outras informacións. Cofinanciado nun 80 % por fondos Feder, Fondo tecnolóxico, eixo 1, tema prioritario 02.
Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2013
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos