Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 12 de agosto de 2013 Páx. 32706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 24 de xullo de 2013 pola que se notifica o período de proba aberto no expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/121/2012, devolta polo servizo de correos por non poder practicar a notificación á interesada.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase a notificación do período de proba aberto no expediente de reposición da legalidade urbanística a Dolores Lomba Fortes, en relación coas obras de rehabilitación realizadas en solo rústico dunha vivenda unifamiliar sita na rúa Bouzavella, parroquia de Panxón, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase a interesada que o texto íntegro que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística