Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante Orde do 1 de xullo de 2013 (DOG nº 132, do 12 de xullo), e de conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ao funcionario que se relaciona no anexo da presente orde.
Segundo. O cesamento no destino actual da persoa que obtivo a praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión na praza adxudicada será de tres días a partir do seguinte ao cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servizo, ou dun mes, se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.
Terceiro. A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel en que obteña praza, realizará dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, á Dirección Xeral da Función Pública.
Contra esta orde, que pon fin a vía administrativa, poderase formular recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2013
P.D. (Orden do 25 de xaneiro de 2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Traballo e Ordenación Universitaria
ANEXO
Apelidos e nome: Víctor Rey Grande.
NRP ou DNI: 3459844024 A2051.
Subgrupo: A2.
Corpo ou escala: corpo de xestión da Xunta de Galicia.
Posto de traballo: xefatura do Servizo de Xestión Administrativa.
Código do posto: ED.301.00.000.15770.041.
Nivel: 28.
Centro directivo: Secretaría Xeral de Cultura.
Localidade: Santiago de Compostela.