Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 12 de agosto de 2013 Páx. 32726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do desenvolvemento dunha plataforma de integración con sistemas de comunicación en tempo real, dentro dos subproxectos IS-4: produtos de teleasistencia multiespecialidade e IS-5: fogar dixital asistencial (AB-SER1-13-055).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 12.9.2013.

d) Número de expediente: AB-SER1-13-055.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: desenvolvemento dunha plataforma de integración con sistemas de comunicación en tempo real, dentro dos subproxectos IS-4: produtos de teleasistencia multiespecialidade e IS-5: fogar dixital asistencial.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: desde a súa formalización ata o 30.11.2015.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72000000-5.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre b).

0-50

1. Proposta funcional.

0-20

2. Proposta técnica.

0-10

3. Plan de proxecto e plan de negocio.

0-10

4. Elementos innovadores tecnolóxicos e organizativos da solución exposta.

0-10

Concepto

Puntuación

Criterios valorables de forma automática (sobre c).

0-50

1. Prazo en meses de servizos en mantemento evolutivo e correctivo da solución.

0-15

2. Aportación pola empresa de melloras en funcionalidades do produto relacionadas có obxecto do contrato a través de servizos de desenvolvemento ou aportación de produtos propios.

0-12

3. Accións ou servizos que faciliten a implantación da solución.

0-10

4. Condicións de participación en beneficios de explotación.

0-8

5. Prezo.

0-5

4. Valor estimado do contrato: 565.031 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 565.031 euros. Importe total: 683.687,51 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5 % do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 e categoría B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusulas 5.3.2.g) e h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 12.9.2013.

Sé o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: apertura do sobre b, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre c, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Unión Europea: 7.8.2013.

12. Outras informacións. Cofinanciado nun 80% por Fondos Feder-Fondo tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 02.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos