Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 12 de agosto de 2013 Páx. 32734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se modifica a Resolución do 18 de xullo de 2013 pola que se anuncia a contratación do servizo de análise, avaliación e priorización de tecnoloxías xeradas de proxectos I+D+I e elaboración de plans de desenvolvemento no marco do proxecto Innova Saúde (AB-SER1-13-040).

Respecto do anuncio de licitación publicado no DOG o 26.7.2013 e da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Económicos do 18 de xullo de 2013, cómpre facer as seguintes modificacións:

Data límite de presentación de ofertas: o día 19.8.2013.

Apertura das ofertas: terá lugar ás 9.00 horas na sala 2.1 do Edificio Administrativo San Lázaro, do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas.

A rectificación do prazo de presentación de ofertas motívase na corrección de erros detectados nos pregos que rexen a licitación e nas aclaracións que se publicarán no perfil do contratante do Servizo Galego de Saúde, www.sergas.es

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos