Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 12 de agosto de 2013 Páx. 32688

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 19 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2013040TA-LU, por infraccións en materia sanitaria.

O 1 de xullo de 2013, a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2013040TA-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo, a Marcos Chousa Rivas, como titular do establecemento café bar Pasatempos.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Marcos Chousa Rivas, como titular do establecemento café bar Pasatempos, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e recordándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia conta contable  840, código 001 ou en Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2013040TA-LU.

Denunciado: Marcos Chousa Rivas, como titular do establecemento café bar Pasatempos.

DNI/CIF: 33351965X.

Último enderezo coñecido: avenida. Benigno Quiroga, 28, baixo, A Pobra de San Xiao, Láncara. (Lugo).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 42 da Lei 8/2008; artigos 7.u), 19. 3.b) e 20.1 da Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 1.200 €.