Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 9 de agosto de 2013 Páx. 32432

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do expediente de modificación puntual número 13 do vixente Plan xeral de ordenación municipal de Lalín.

O Pleno da Corporación de Lalín na sesión do 1 de agosto de 2013 aprobou inicialmente o expediente de modificación puntual nº 13 do vixente PXOM de Lalín ampliación SG-EQ.3. cemiterio municipal da Romea. Botos.

En cumprimento do establecido no artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, acordouse expoñer ao público o expediente como trámite de información pública durante o prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poida ser consultado en horario laboral na Secretaría Xeral do Concello e presentar, se é o caso, alegacións ou reclamacións a el.

Lalín, 5 de agosto de 2013

P.D.
Camilo González Bodaño
Concelleiro delegado de Obras e Servizos