Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 9 de agosto de 2013 Páx. 32428

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boimorto

ANUNCIO de información pública relativo á solicitude de licenza para construción de fosa de zurro.

Martín Vidal Vázquez solicita desta Alcaldía licenza municipal para construción de fosa de zurro na Cela-Sendelle. Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Boimorto, 5 de agosto de 2013

José Ignacio Portos Vázquez
Alcalde