Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 9 de agosto de 2013 Páx. 32434

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca licitación pública para a contratación do servizo de vixilancia e control ambiental do vertedoiro de Areosa e das plantas de transferencia de residuos urbanos da sociedade (NC0010/2013).

Data límite para a presentación das ofertas: 1 de outubro de 2013 ás 13.00 horas.

Data de apertura sobre B: 11 de outubro de 2013 ás 11.00 horas.

O prego do concurso poderá retirarse a partir desta data en:

– Plataforma de contratación pública de Galicia www.contratosdegalicia.es.

– www.sogama.es, Perfil do contratante.

– Oficinas da sociedade en Morzós, nº 10, As Encrobas, Cerceda, 15187 A Coruña.

A entrega das ofertas realizarase no seguinte enderezo: Sogama, S.A., Morzós, nº 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda (A Coruña), teléfono: 981 69 85 00.

O custo dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Este anuncio enviouse ao DOUE o 5 de agosto de 2013.

Cerceda, 5 de agosto de 2013

Luis Lamas Novo
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.