Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 9 de agosto de 2013 Páx. 32418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia licitación para a contratación do servizo de mantemento de ascensores e escaleiras mecánicas dos hospitais e centros de especialidades, mediante procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria (AB CHV1 13 004).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1.º Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2.º Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3.º Localidade e código postal: 36211 Vigo.

4.º Teléfono: 986 21 91 28.

5.º Telefax: 986 21 91 05.

6.º Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

7.º Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8.º Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB CHV1 13 004.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mantemento de ascensores e escaleiras mecánicas dos hospitais e centros de especialidades pertencentes á Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo de execución/entrega: o se especifique no prego de cláusulas administrativas.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 50750000-7.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se for o caso: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os seguintes criterios:

Concepto Puntuación

Oferta económica 70

Melloras relacionadas co obxecto do contrato 10

Plan de traballo 10

Recursos materiais 5

Medios persoais, estrutura e organización 5

4. Valor estimado do contrato: 636.653,69 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto 211.965,23 € IVE (21 %) 44.512,70 €, importe total 256.477,93 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: 4.9.2013.

b) Modalidade de presentación: ver pregos de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1.º Dependencia: Rexistro do Hospital Nicolás Peña.

2.º Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3.º Localidade e código postal: Vigo 36211.

4.º Enderezo electrónico: chuvi.contratación.administrativa@sergas.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala de Xuntas Hospital Nicolás Peña, avenida Camelias, nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo 36211.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario. Importe máximo estimado:  2.800,00 €.

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Comunidad Europea: 19.7.2013.

Vigo, 8 de xullo de 2013

P.D. (Artigo 5 Orde do 5 de xullo de 2012; DOG nº 139, do 20 de xullo)
Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo