Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 9 de agosto de 2013 Páx. 32358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 15 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a procedencia de reintegro de axudas e subvencións ao programa de fomento da contratación indefinida inicial de colectivos de desempregados con dificultades de inserción laboral, reguladas na Orde do 11 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 25 de abril), relativa ao expediente TR345E 2008/10-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figuran como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 15 de xullo de 2013

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR345E 2008/10-2.

Nome: Cuadros Eléctricos y Tecnología Industrial Avanzada, S.L.

DNI/NIF: B-27377167.

Último enderezo coñecido: polígono industrial de Reboredo, Piñeira, s/n, 27400 Monforte de Lemos, Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo o traballador contratado ao abeiro deste programa por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: base décimo primeira do anexo E da Orde do 11 de abril de 2008.

Contido da resolución: procedencia de reintegro.