Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 9 de agosto de 2013 Páx. 32343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, pola que se anuncia procedemento para o arrendamento con opción de compra, por concurso aberto, da parcela 4L de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, no parque tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Facenda.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: arrendamento con opción de compra dunha parcela autonómica por un prazo de 11 anos.

Descrición do obxecto: arrendamento con opción de compra a favor dun terceiro dunha parcela no parque tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas, con destino ao desenvolvemento de actividades de carácter innovador que aposten pola tecnoloxía, a investigación e o desenvolvemento como eixes da súa actividade. A parcela descríbese como parcela 4L no concello de San Cibrao das Viñas, ocupa unha superficie de 4.681 m2 segundo o rexistro da propiedade e de 4.446 m2 segundo recente medición. Linda: fronte con vía do polígono; dereita entrando, con vía do polígono; esquerda, con parcelas identificadas como 1L NOVA e 2L NOVA; e fondo, con vía do polígono. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 2 de Ourense ao tomo 1.259, libro 51, folio 124, predio 5.194. Referencia catastral: 8634902NG9883S0001YO. A parcela é solo clasificado en urbano coa cualificación de industrial e segue a normativa aplicable de urbanización que rexe o Plan urbanístico do concello de San Cibrao das Viñas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso aberto, tramitación ordinaria.

4. Orzamento base da licitación.

Renda mínima mensual: 2.000,70 euros máis o IVE.

Prezo inicial da parcela: 200.425,68 euros máis o IVE, con imputación ao prezo de compra do importe aboado de renda.

5. Garantía: 2.000,70 euros a constituír na Caixa Xeral de Depósitos.

6. Obtención de documentación e información.

Consellería de Facenda.

Subdirección Xeral do Patrimonio.

Edificio Administrativo Pastoriza. Rúa Pastoriza, nº 8, 2º andar, 15704 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 41 51.

Correo electrónico: pablo.viano.lorenzo@conselleriadefacenda.es

7. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: o vixésimo día hábil seguinte ao da publicación do presente anuncio.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións.

Lugar de presentación: Rexistro Único da Xunta de Galicia no Edificio Administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

Información procedemento: 981 54 41 51.

Información inmoble e actuacións que se van desenvolver: 988 36 81 00.

8. Apertura das ofertas.

Data: 18 de setembro de 2013.

Hora: 11.00 horas.

Lugar: sala de xuntas do Edificio Administrativo Pastoriza, rúa Pastoriza, nº 8, planta baixa, Santiago de Compostela.

9. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2013

P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio