Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 19 de xullo de 2013, de emprazamento para trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/86/2012, devolta polo servizo de Correos por non poder practicarse a súa notificación.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento a Elías Prado Díaz e Mª del Mar Blanco Roca para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/86/2012, en relación coas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar, dúas edificacións auxiliares e unha soleira que se levaron a cabo no lugar de Penencia, Doniños, no Concello de Ferrol, provincia da Coruña.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 10 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística