Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 7 de agosto de 2013 Páx. 31677

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2013 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de agosto de 2013 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da Consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Facenda, consultadas as organizacións sindicais da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 1 de agosto de 2013, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 1 de agosto do 2013, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG nº 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO
Consellería de Facenda

Na vixente relación de postos de traballo da Consellería de Facenda, prodúcense as seguintes modificacións:

Persoal funcionario

– Nos centros de destino que se relacionan, modifícanse os seguintes postos de traballo que quedan da seguinte forma:

missing image file