Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31583

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2013, da Dirección Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec), pola que se anuncia a formalización da contratación do servizo consistente na análise, deseño, desenvolvemento e implantación das actuacións necesarias no marco de actualización continua do Sistema de Información Contable e Orzamentario (Xumco 2).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Cixtec.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2013-017.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente na análise, deseño, desenvolvemento e implantación das actuacións necesarias no marco de actualización continua do Sistema de Información Contable e Orzamentario (Xumco 2).

c) CPV: 72212000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de la Unión Europea.

e) Data de publicación da licitación:

1) Diario Oficial de Galicia: 19.4.2013.

2) Boletín Oficial del Estado: 29.4.2013.

3) Data envío anuncio DOUE: 8.4.2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 660.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 660.000,00 euros. Importe total: 798.600,00 euros, distribuído nas seguintes anualidades: exercicio 2013: 199.650,00 €. Exercicio 2014: 399.300,00 €. Exercicio 2015: 165.000,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 21.6.2013.

b) Data de formalización do contrato: 8.7.2013.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: Importe neto: 594.000,00 euros. Importe total: 718.740,00 euros, distribuído nas seguintes anualidades: exercicio 2013: 179.685,00 €. Exercicio 2014: 359.370,00 €. Exercicio 2015: 179.685,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2013

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable