Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31549

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (86/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 86/13, por instancia de Mª Jesús Nogueira Losada, contra a executada Asociación Galega de Enfermos pola Doazón de Órganos (Agedo), sobre reclamación de cantidade, ditouse o día 26 de xuño de 2013 decreto de insolvencia no sentido de declarar ao executado en situación de insolvencia total, por importe de 6.000 euros de principal, máis 514,52 euros de xuros de demora, máis 651,45 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2013

A secretaria xudicial