Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31522

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de varios postos de persoal licenciado sanitario (xefatura de servizo e xefatura de unidade de Atención Primaria).

Convocada por Resolución do 22 de maio de 2013 (DOG nº 118, do 21 de xuño) a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de persoal licenciado sanitario (xefatura de servizo e xefatura de unidade de Atención Primaria), esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos de persoal licenciado sanitario (xefatura de servizo e xefatura de unidade de Atención Primaria), anunciado pola Resolución do 22 de maio de 2013 (DOG nº 118, do 21 de xuño).

Segundo. Nomear no posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Vigo, 12 de xullo de 2013

Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

Posto de traballo: xefe do Servizo de Atención Primaria de Coia.

Nome e apelidos: Ana Estévez Guimeráns.

DNI: 36038359-G.

Posto de traballo: xefe da Unidade de Atención Primaria de Tomiño.

Nome e apelidos: María Soledad Ramos Sánchez.

DNI: 11941898-E.