Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 5 de agosto de 2013 Páx. 31212

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (208/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución número 208/2012 seguida neste xulgado por instancia de Demetrio Ferreiro Villar, Susana Ferrín Negreira, Claudio Pereira Fortes e Armindo Moreira Ramos contra Transportes Manuel Rial, S.L., ditouse o día 23 de maio de 2013 decreto de insolvencia que é firme no día da data no sentido de declarar a executada Transportes Manuel Rial, S.L. en situación de insolvencia total, por importe de 27.228,15 euros en concepto de principal (6.458,15 euros a Demetrio Ferreiro Villar, 6.373,63 euros a Susana Ferrín Negreira, 8.875,85 euros a Claudio Pereira Fortes e 5.520,52 euros a Armindo Moreira Ramos), máis 2.722,82 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, sen prexuízo de posterior liquidación, o que se fai público para os efectos previstos no artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2013

A secretaria xudicial