Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 5 de agosto de 2013 Páx. 31263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 16 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a diversos interesados a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona da Graña (Xunqueira de Ambía).

De conformidade co disposto nos artigos 59.2º e 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas da relación adxunta que a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural acordou o día 2 de abril de 2013 a aprobación do acordo de concentración parcelaria da Graña (Xunqueira de Ambía-Ourense), que está exposto ao público no Concello de Xunqueira de Ambía e nos lugares de costume, de conformidade co disposto nos artigos 36 e 40 da Lei 10/1985, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

No referido acordo figura a correspondente ficha de atribucións cos predios de substitución.

Para o caso de que se formulasen alegacións en relación co proxecto, o resultado destas será o que deriva das fichas de atribucións.

Contra o devandito acordo, que non é definitivo na vía administrativa, os interesados da relación adxunta poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 16 de xullo de 2013

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

Anexo

Nº propietario

Nome

16

Delia Blanco González

62

Purificación Domínguez Quintas

112

María Francisca García Pérez

141

Benito Gómez Méndez

167

Lucila González Bahamonde

193

Josefa Ledo Otero

215

Constantina Carnero Mangana

264

Concepción Novás Feijóo

332

Luis Quintas Barrio

398

Miguel Marra García

398

Enrique Marra García

398

Faustino Marra García

400

Montes Veciñais en Man Común, veciños de Piñeira de Arcos