Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante unha Orde do 31 de maio de 2013 (DOG núm. 111, do 12 de xuño), e de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da citada convocatoria, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se relaciona no anexo desta orde.
Segundo. O cesamento no destino actual da funcionaria que obtivo a praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión da praza adxudicada será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente a funcionaria preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.
Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a funcionaria, así como a daquel en que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro dos prazos sinalados nos puntos anteriores, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales lle darán traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase formular un recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2013
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Apelidos e nome: García Vaamonde, Concepción.
Nº rexistro persoal: 7651972635 A2060.
Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.
Subgrupo: A1.
Posto de traballo: subdirectora xeral de Política Lingüística.
Código: ED.401.00.001.15770.001.
Nivel: 30.
Centro directivo: Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Localidade: Santiago de Compostela.