Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 5 de agosto de 2013 Páx. 31168

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 121/2013, do 1 de agosto, polo que se dispón que cese, por petición propia, Ricardo García-Borregón Millán como director xeral de Conservación da Natureza.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día un de agosto de dous mil trece,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Ricardo García-Borregón Millán, como director xeral de Conservación da Natureza, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, un de agosto de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas