Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 2 de agosto de 2013 Páx. 31044

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (916/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 916/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Humberto Lens Sarasquete, Cipriana Carmen Mos Álvarez, Enrique García Pampín contra a empresa Isla Vionta, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por Cipriana Carmen Mos Álvarez, Humberto Lens Sarasquete e Enrique García Pampín fronte a Isla Vionta, S.L. e o Fogasa e, en consecuencia, condeno a empresa Isla Vionta, S.L. a aboar a Cipriana Carmen Mos Álvarez 4.765,34 euros, a Humberto Lens Sarasquete 10.915,31 euros e a Enrique García Pampín 7.974,44 euros; e o Fogasa, a se ater á presente resolución na medida da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza

E para que sirva de notificación en legal forma á demandada Isla Vionta, S.L. por estar en ignorado paradoiro, insírese este edicto no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamiento.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2013

A secretaria xudicial