Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 31 de xullo de 2013 Páx. 30454

IV. Oposicións e concursos

Consello de Contas de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 8 de xullo de 2013 pola que se ordena a publicación do Acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, do 4 de xullo de 2013, polo que se aproba o anuncio da convocatoria pública, polo sistema de libre designación, dun posto vacante na citada institución.

Advertidos erros na publicación da dita resolución, anunciada no DOG nº 138, do 22 de xullo de 2013, procede facer a seguinte corrección:

No anexo I do Acordo, na páxina 29001 do DOG nº 138, na alínea do subgrupo, onde di: «A2»; debe dicir: «A1/A2».