Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 31 de xullo de 2013 Páx. 30441

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2013 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo autónomo no primeiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia número 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no primeiro cuadrimestre do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2013

Manuel Borobio Sanchiz
Director do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio (IET) no primeiro cuadrimestre do ano 2013

Convenio

Achega económica do IET

Data de

sinatura

Convenio de colaboración entre a Fundación Juana de Vega e o Instituto de Estudos do Territorio (IET) para a coordinación dun traballo sobre tipoloxías dos peches en Galicia.

Sen achega económica

17.1.2013

Convenio de cooperación entre o Instituto de Estudos do Territorio (IET) e a Universidade de Zaragoza para a realización de prácticas académicas externas de estudantes do Máster Universitario en Ordenación Territorial e Medioambiental (Facultade de Filosofía e Letras).

Sen achega económica

22.3.2013

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto de Estudos do Territorio (IET) para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio Máster en Rexeneración Urbana e Rehabilitación 2012/2013 (Código MC67).

Sen achega económica

18.4.2013