Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: LMTS e CTC lugar da Sionlla de Arriba, s/n.
Situación: concello de Santiago de Compostela.
Características técnicas: liña de media tensión soterrada (LMTS) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,960 km, coa orixe en arqueta proxectada na LMTS SCY823-Ordes 23 entre os CT Formarís (expediente IN407A 2012/42) e Tras de Finsa (expediente IN407A 2011/228), con condutor tipo RHZ1 2OL 12/20 kV 3(1×240) mm² Al, e final na mesma liña, unha vez entre e saia do CT proxectado.
Centro de transformación (CT) prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V, que se situará no lugar da Sionlla de Arriba, no concello de Santiago de Compostela.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 21 de xuño de 2013
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña