Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 30 de xullo de 2013 Páx. 30251

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 28 de xuño de 2013 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape ás agrupacións empresariais (clústers) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Advertido un erro na referida resolución, publicada no DOG nº 127, do 5 de xullo de 2013, procede facer a seguinte corrección:

Na páxina 26883, no artigo 6, letra b), último parágrafo, onde di: «… Para este efecto, as solicitudes que non acaden un total de 50 puntos na suma dos criterios a.3+b.3+b.4+b.6 serán denegadas», debe dicir: «… Para este efecto, as solicitudes que non acaden un total de 25 puntos na suma dos criterios a.3+b.3+b.4+b.6 serán denegadas».