Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 30 de xullo de 2013 Páx. 30340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

CÉDULA do 11 de xullo de 2013 pola que se fai pública a resolución relativa ao expediente de avaliación previa á asignación da retribución adicional concernente ao complemento de recoñecemento ao labor docente, en relación coa convocatoria publicada a través da Resolución do 28 de setembro de 2012 (DOG do 2 de novembro).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), faise pública a resolución relativa ao expediente de avaliación previa á asignación da retribución adicional relativa ao complemento de recoñecemento ao labor docente, relativa á convocatoria publicada a través da Resolución do 28 de setembro de 2012 (DOG do 2 de novembro), e que intentada a súa notificación no domicilio indicado polo interesado non se puido practicar. Esta resolución foi ditada polo presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, en virtude das competencias que ten atribuídas nos estatutos da ACSUG aprobados pola Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG do 20 de xaneiro de 2009).

A persoa citada no anexo deberá comparecer persoalmente ou debidamente representada, no prazo de dez días contados desde o día seguinte da publicación desta cédula, na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5ª planta do CIFP Compostela, rúa Lamas de Abade, s/n, 15702 Santiago de Compostela), para ter coñecemento do contido da resolución e deixar constancia da notificación dela, e advírtese que, en caso de no comparecer no prazo indicado, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

A citada resolución pon fin á vía administrativa e poderán ser impugnadas directamente en vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2013

Miguel Ángel Santos Rego
Presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación,
Certificación e Acreditación

ANEXO

Nome

Identificación

Expediente

Ana Isabel Silveira Rodríguez

36012189

131/1-12-B/66-CLD