Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 30 de xullo de 2013 Páx. 30351

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barbadás

ANUNCIO para a cobertura dunha praza de subalterno para o polideportivo municipal de Barbadás.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 155, do 8 de xullo de 2013, publícase integramente a convocatoria e as bases para a cobertura da seguinte praza:

– Unha praza de subalterno, Administración xeral, agrupación profesional carente de titulación (segundo a disposición adicional 7ª e a disposición transitoria 3ª da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas convocatorias unicamente se publicarán no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no taboleiro de anuncios do Concello de Barbadás.

Barbadás, 8 de xullo de 2013

Manuel García González
Tenente alcalde