Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 30 de xullo de 2013 Páx. 30356

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da aprobación inicial de expediente de expropiación na rúa Gil Vicente.

O tenente de alcalde responsable da Área de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, do 5 de xuño de 2013, por delegación do alcalde a través de Decreto do 13 de xuño de 2011, emite decreto en que se aproban os seguintes puntos:

«Decreto.

1. Aprobar inicialmente a expropiación parcial do local comercial situado na rúa Gil Vicente, 13, baixo esquerda, cuxa relación de bens e dereitos afectados é:

Titulares: herdeiros de Enrique Epifanio Azpilcueta Azpilcueta.

Ben: local comercial planta baixa.

Predio rexistral: Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña. Predio 30.187.

Tipo afección: parcial.

Superficie afectada: 2,50 m2.

2. En virtude do establecido no artigo 118.2 da Ordenanza de conservación e rehabilitación de inmobles do Concello da Coruña, o expediente tramitarase polo procedemento de taxación conxunta.

3. O expediente someterase a información pública polo prazo dun mes mediante inserción de anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, e estará exposto na Oficina Municipal de Rehabilitación deste concello. Así mesmo, a taxación notificarase individualmente aos que aparezan como titulares de bens ou dereitos

4. Requirirlle á comunidade de propietarios do edificio situado na rúa Gil Vicente, 13, en calidade de beneficiario do expediente expropiatorio, que con anterioridade á aprobación definitiva do expediente deposite o importe ou aval bancario do 20 % da valoración que se aproba neste expediente, que ascende a 1.257,75 euros».

O que se publica para efectos de inicio do trámite de información pública, de conformidad co artigo143.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, que dispón:

«2. O proxecto de expropiación cos documentos sinalados será exposto ao público polo prazo dun mes, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que concerne á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos».

A Coruña, 12 de xuño de 2013

Martín Fernández Prado
Tenente de alcalde responsable da Área de Medio Ambiente,
Infraestruturas e Territorio