Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 30 de xullo de 2013 Páx. 30344

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para a elaboración do Plan estratéxico do sistema aeroportuario de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 20 de maio de 2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contrato de servizo para a elaboración do Plan estratéxico do sistema aeroportuario de Galicia.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación: 24.793,39 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 2 de xullo de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 11 de xullo de 2013.

c) Adxudicatario: Airia Ingeniería y Servicios, S.A.

d) Importe de adxudicación: 22.900,00 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2013

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia