Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 30 de xullo de 2013 Páx. 30309

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Castro de Rei (expediente IN407A 2013/14-2, 8097 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: centro de repartición para servizos auxiliares de Ludrio.

Situación: concello de Castro de Rei.

Características técnicas: centro de repartición en edificio prefabricado tipo PFU-5, dividido en dúas zonas, unha zona de compañía propiedade de BEGASA, na cal se instalan dúas celas de interruptor, unha de protección e unha de liña. E unha zona de abonado propiedade de Eon Distribución, S.L. (non é obxecto deste proxecto).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 16 de xullo de 2013

P.A. (Artigo 39 do Real decreto 324/2009, do 11 de xuño;
Diario Oficial de Galicia número 117, do 17 de xuño)
Mª A. Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas