Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 29995

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizo suxeito a regulación harmonizada para a asistencia técnica á dirección de explotación de obras hidráulicas na Comunidade Autónoma de Galicia 2012.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Número de expediente: AT/188.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: asistencia técnica á dirección de explotación de obras hidráulicas na Comunidade Autónoma de Galicia 2012.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71356200-0.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea número S146, do 1 de agosto de 2012; Diario Oficial de Galicia número147, do 2 de agosto de 2012 e Boletín Oficial del Estado número 192, do 11 de agosto de 2012, así como as correccións no Diario Oficial de la Unión Europea número S150, do 7 de agosto de 2012; Diario Oficial de Galicia número 151, do 8 de agosto de 2012 e Boletín Oficial del Estado número 201, do 22 de agosto de 2012.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 4.821.215,46 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas e modificacións contractuais previstas. Posibilidade de modificación prevista ata unha porcentaxe máxima do 61,90 %.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 1.840.841,30 euros. Importe total: 2.172.192,73 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 28 de febreiro de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 27 de xuño de 2013.

c) Contratista: Enxeñeiros e Arquitectos Consultores Idom, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 1.559.500 euros. Importe total: 1.886.995 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2013

P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia