Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 30044

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Baña

ANUNCIO de información pública sobre acondicionamento e apertura de local destinado a perrucaría na Carballeira (A Riba).

Sandra Mata Calvo solicitou nesta alcaldía licenza municipal para acondicionamento e apertura de local destinado a perrucaría no lugar da Carballeira, parroquia da Riba. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, que comezarán a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no BOP e no DOG, coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

A Baña, 4 de xullo de 2013

José Andrés García Cardeso
Alcalde