Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 29987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, suxeito a regulación harmonizada da subministración sucesiva de uniformes e roupa plana para esta consellería (expediente 54/2013).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Subdirección Xeral de Contratación e Control).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela .

3º. Teléfonos: 981 54 01 13/981 54 29 99.

4º. Fax: 981 54 01 18.

5º. Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 54/2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de uniformes e roupa plana para a Consellería de Traballo e Benestar.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si, 2.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: dous anos contados desde a formalización do contrato. En todo caso, o contrato rematará coa recepción total da subministración obxecto do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver cláusula 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP).

4. Valor estimado do contrato: un millón douscentos vinte e nove mil catrocentos cincuenta e sete euros con catorce céntimos (1.229.457,14 €).

Lote 1: seiscentos setenta e nove mil trescentos cincuenta e nove euros (679.359,00 €).

Lote 2: cincocentos cincuenta mil noventa e oito euros con catorce céntimos (550.098,14 €).

5. Orzamento base de licitación: o importe total deste contrato é dun millón douscentos vinte e nove mil catrocentos cincuenta e sete euros con catorce céntimos de euro (1.229.457,14 €) máis douscentos cincuenta e oito mil cento oitenta e seis euros (258.186,00 €) en concepto do imposto sobre o valor engadido a un tipo do 21 %, o que fai un total dun millón catrocentos oitenta e sete mil seiscentos corenta e tres euros con catorce céntimos de euro (1.487.643,14 €), distribuídos do seguinte xeito:

Lote 1: uniformes.

Ano 2013: 225.425,26 € + 47.339,30 € (IVE 21 %) = 272.764,56 €.

Ano 2014: 214.197,43 € + 44.981,46 (IVE 21 %) = 259.178,89 €.

Ano 2015: 239.736,31 € + 50.344,63 (IVE 21 %) = 290.080,94 €.

Total: 679.359,00 € + 142.665,39 (IVE 21 %) = 822.024,39 €.

Lote 2: roupa plana.

Ano 2014: 268.510,60 € + 56.387,23 € (IVE 21 %) = 324.897,83 €.

Ano 2015: 281.587,54 € + 59.133,38 € (IVE 21 %) = 340.720,92 €.

Total: 550.098,14 € + 115.520,61 € (IVE 21 %) = 665.618,75 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver cláusulas 17 e 18 da folla de especificacións do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 27 de agosto de 2013.

b) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Dirección: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, hora e lugar de apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: 5,42 € por liña de texto publicada no Diario Oficial de Galicia.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 18.7.2013.

12. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19269

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2013

P.D. (Orde do 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar