Por Orde desta consellería do 7 de maio de 2013 (DOG nº 101, do 29 de maio), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de postos directivos na estrutura de Xestión Integrada da Coruña.
De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería,
DISPOÑO:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 7 de maio de 2013 (DOG nº 101, do 29 de maio), para os efectos previstos no punto 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.
Segundo. Seleccionar e nomear, para o desempeño dos postos que se indican, as persoas que figuran no anexo desta orde.
Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2013
Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade
ANEXO
Posto: xerente de Xestión Integrada.
Nome e apelidos: Francisco José Vilanova Fraga.
Posto: director/a de Procesos Asistenciais.
Nome e apelidos: Ramón Ares Rico.
Posto: director/a de Recursos Económicos.
Nome e apelidos: Emilio Camino Fernández.
Posto: director/a de Recursos Humanos.
Nome e apelidos: Manuel Gómez López.
Posto: director/a de Procesos con Ingreso.
Nome e apelidos: Ricardo López Boullón.
Posto: subdirector/a de Procesos Asistenciais da Área Médica.
Nome e apelidos: María Teresa Chouciño Fernández.
Posto: subdirector/a médico/a de Cee.
Nome e apelidos: Martín Mario Díaz López.
Posto: director/a de Procesos de Enfermaría.
Nome e apelidos: Alfredo Moreno Alegre.