Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29902

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO de información pública sobre o proxecto de construción de cortes e fosa de xurro en Samprizón.

De conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o seguinte proxecto técnico:

Proxecto de construción de cortes e fosa de xurro en Samprizón. A promotora é Rosa Mar García Pérez.

Aquelas persoas que se consideren interesadas poderán examinalo nas dependencias municipais, en horario de oficina, durante un prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio, que se realizará nos seguintes medios: BOP de Lugo, DOG e taboleiro de anuncios.

O Corgo, 3 de xullo de 2013

José Antonio Ferreiro González
Alcalde