Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29906

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Toques

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación en corte de vacún leiteiro en Vilouriz.

Mª Carmen Ferreiro Villamor solicitou desta alcaldía licenza municipal para a ampliación de explotación en corte de vacún leiteiro no lugar de Vilouriz, da parroquia de Vilouriz. En cumprimento do disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este -que se empeza a contar desde o día seguinte ao da última inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia- poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Toques, 18 de xullo de 2013

Jorge Francisco Calvo Pestonit
Alcalde