En virtude do establecido no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega,
DISPOÑO:
Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2013
José Antonio Iglesias Vázquez
Director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061
ANEXO
Asinantes |
Obxecto |
Data de sinatura |
Importe (€) |
Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, UNESPA e Consorcio de Compensación de Seguros |
Convenio marco para a atención de lesionados en accidente de tráfico mediante servizos de emerxencia sanitaria para o exercicio 2013 |
21.3.2013 |
Non ten |
Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Universidade de Santiago de Compostela |
Convenio de colaboración para a implantación do proxecto Miavizor co piloto Vixía nos concellos das provincias de Lugo e Ourense |
25.3.2013 |
Non ten |