Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: LMTS, CT O Mosteiro-S. Tomé.
Situación: Meis.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 602 metros de lonxitude, con orixe e final no empalme proxectado na LMTS CBD807, entre os CT Zacande (36C083) e Cambados 78 (36CMX3), unha vez entre e saia do CT proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400 V, situado nun terreo privado na rúa do Colexio, O Mosteiro-S. Tomé, Meis.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 1 de xullo de 2013
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra