Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2013 Páx. 29719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 3 de xullo de 2013 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 16 de maio de 2013 que fixa o prezo xusto do predio número 1312 sito en Abadín, relativo ao proxecto 01122 (expediente 2011/002448).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante esta cédula a Victorina Fernández Portela o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 16 de maio de 2013, que fixa o prezo xusto do predio nº 1312 sito en Abadín, relativo ao proxecto 01122, expediente 2011/002448, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente rexeitado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01122 Modificación nº 1 do acondicionamento da estrada LU-113. Treito: Moncelos-Abadín (N-634). Clave: LU/06/157.01.M1.

Nº de expediente: 2011/002448.

Persoa que se notifica: Victorina Fernández Portela.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Lugo.

Expropiada: Victorina Fernández Portela.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Lugo.

Predio nº: 1312.

Concello: Abadín.

Provincia: Lugo.

Valoración da resolución do Xurado: 1.268,19 €.