Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2013 Páx. 29725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 3 de xullo de 2013 pola que se notifican acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixan o prezo xusto de predios expropiados (expediente 2011001649 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente rexeitado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01095, VAC da Costa Norte. Treito Celeiro-San Cibrao. Clave: LU/00/063.01.4.

Concello: Xove.

Provincia: Lugo.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Lugo.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Lugo.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data do acto que se notifica

Nº de expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Paleo Insua, María

Hrdos. González Cobelo, Emilio

Hrdos. González Cobelo, Emilio

Domínguez López, Avelina

Domínguez López, Avelina

Domínguez López, Avelina

Domínguez López, Avelina

Domínguez López, Avelina

Domínguez López, Avelina

Vilela Álvarez, María Ramona

25.4.2013

25.4.2013

25.4.2013

25.4.2013

25.4.2013

25.4.2013

25.4.2013

25.4.2013

25.4.2013

25.4.2013

2011001649

2011001660

2011001662

2011001672

2011001673

2011001674

2011001675

2011001676

2011001677

2011001681

143

168

174

217

219

220

221

222

223

239-2

12.929,28

488,25

6.747,28

8.918,20

4.014,14

4.316,01

2.826,62

1.992,25

1.346,52

26.193,79