Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2013 Páx. 29711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2013 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de coordinación e apoio ao desenvolvemento de redes de banda larga e medidas facilitadoras e incentivadoras do uso de infraestruturas de telecomunicacións do Plan de banda larga no marco da Axenda Dixital Europea 2020 (expediente 109/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 109/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizos de coordinación e apoio ao despregamento de redes de banda larga fixa e sen fíos, así como a definición de novas actuacións e medidas facilitadoras e incentivadoras do uso destas redes e o soporte e atención aos axentes interesados.

b) División por lotes e número: si, 2.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 12 meses contados a partir da data de formalización do contrato. Antes da súa finalización, este contrato poderase prorrogar por mutuo acordo das partes por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente.

d) Admisión de prórroga: sí.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 304.950,00 €, máis 64.039,50 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 368.989,50 € (trescentos sesenta e oito mil novecentos oitenta e nove euros con cincuenta céntimos), que se distribuirán nas seguintes anualidades segundo os lotes:

Lote 1: coordinación e apoio sobre iniciativas vinculadas ao despregamento de redes fixas do plan de banda larga e medidas facilitadoras e incentivadoras da demanda:

• 2013: 11.145,83 € + IVE (2.340,62 €) = 13.486,45 €.

• 2014: 122.604,17 € + IVE (25.746,88 €) = 148.351,05 €.

Total: 133.750,00 € + IVE (28.087,50 €) = 161.837,50 €.

Lote 2: coordinación e apoio sobre iniciativas vinculadas ao despregamento de redes sen fíos e análise do estado do plan de banda larga en Galicia:

• 2013: 14.266,67 € + IVE (2.996,00 €) = 17.262,67 €.

• 2014: 156.933,33 € + IVE (32.956,00 €) = 189.889,33 €.

Total: 171.200,00 € + IVE (35.952,00 €) = 207.152,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19278

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a alínea N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo é festivo ou inhábil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: Rexistro Único e de Información, situado no Edificio Administrativo San Caetano.

2) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na alínea K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2013

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia