Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2013 Páx. 28788

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 5 de xullo de 2013 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Traballo e Benestar, anunciada por Orde desta consellería do 20 de maio de 2013 (DOG nº 107, do 6 de xuño).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Traballo e Benestar, mediante Orde do 20 de maio de 2013 (DOG nº 107, do 6 de xuño), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, aos funcionarios que se expresan no anexo desta orde, seleccionados conforme ao establecido nas bases da convocatoria, realizada por Orde desta consellería do 20 de maio de 2013.

Segundo. O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino o funcionario está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade en que actualmente presta os seus servizos o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa o funcionario, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2013

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

Apelidos e nome: Rodríguez Senra, Ana María.

NRP: 3425561635 A2060.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Denominación do posto: xefatura do Servizo Provincial de Coordinación de Centros.

Código: TR.C99.10.000.36560.610.

Nivel: 28.

Dependencia: Xefatura Territorial de Vigo.

Localidade: Vigo.

Apelidos e nome: Núñez Valcárcel, María Teresa.

NRP: 3331374757 A2053.

Grupo: C1.

Corpo/escala: corpo administrativo da Xunta de Galicia.

Denominación do posto: director/a de residencia de tempo libre.

Código: TR.C99.40.210.36350.001.

Nivel: 25.

Dependencia: Residencia de Tempo Libre de Panxón.

Localidade: Nigrán.