Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2013 Páx. 28576

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2013, da Dirección Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, pola que se anuncia a contratación da subministración de dous conmutadores para rede de almacenamento, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

1. Entidad adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Cixtec.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Cixtec.

2) Enderezo: r/ Domingo Fontán, 9.

3) Localidade e código postal: 15702 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 981 54 13 37.

5) Telefax: 981 54 12 70.

6) Enderezo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

8) Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato.

a) Nº expediente: 2013-013.

b) Tipo: subministracións.

c) Descrición do obxecto: subministración de dous conmutadores para rede de almacenamento, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

d) Lugar de entrega: o indicado no prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de entrega: 90 días desde a formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 32400000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios.

d) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Financiamento.

Esta contratación está cofinanciada polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13, e nun 20 %, con cargo ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI) e con cargo á aplicación orzamentaria 06.A1.611A.626.0 do Cixtec para o exercicio 2013, onde existe crédito adecuado e suficiente, no seu orzamento de capital, para atender as obrigas derivadas desta contratación.

5. Valor estimado do contrato.

Importe: 160.000,00 euros.

6. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 160.000,00 euros. Importe total: 193.600,00 euros.

7. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se é o caso): a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación de ofertas:

1) Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.

2) Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX): o prazo de presentación rematará ás 14:00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidad de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Documentación presentada en sobre cerrado:

Entidade: Cixtec.

Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

Localidade e código postal: 15702 Santiago de Compostela.

2) Documentación presentada a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX). Enderezo electrónico: www.conselleriadefacenda.es/silex

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Cixtec.

b) Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

Mesa pública: criterios cuantificables mediante xuízo de valor:

– Data: o sexto (6) día hábil, contado a partir do seguinte ao de remate de presentación de ofertas. Se ese día coincide en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

– Hora: 10.00 horas.

Mesa pública: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas:

– Data: anunciarase no perfil do contratante e comunicaráselles aos licitadores.

– Hora: 10.00 horas.

11. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios correrán a cargo do adxudicatario, de acordo co estipulado no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2013

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable