Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2013 Páx. 28570

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANUNCIO do 26 de xuño de 2013 polo que se empraza a Level Telecom, S.L. para ser notificada por comparecencia en referencia ao procedemento administrativo de subvencións PR519A-2010.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a súa notificación polo servizo de Correos e ao non ter sido posible, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, sitas no Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, 2º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2013

José Luis Somoza Digón
Xerente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO

Interesada

NIF

Expediente

Acto de notificación

Level Telecom, S.L.

B15565294

PR519A-2010-743

Notificación relativa ao expediente citado