Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2013 Páx. 28523

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 1 de xullo de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería do Medio Rural e do Mar, mediante Orde do 7 de maio de 2013 (DOG nº 96, do 22 de maio), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao/a funcionario/a que se expresa no anexo desta orde, seleccionado/a conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde desta consellería do 7 de maio de 2013.

Segundo. O cesamento no actual destino do/a funcionario/a que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino o/a funcionario/a está gozando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días seguintes ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade en que actualmente presta os seus servizos o/a funcionario/a, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esa consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido la Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2013

P.D. (Orde 30.3.2012; DOG do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Apelidos e nome: Goce Lemos, Jesús Fernando.

N.R.P.: 3607243024 A207C.

Grupo: C1.

Corpo/escala: axudantes facultativos da Xunta. Escala de axentes do Servizo de Gar-dacostas de Galicia.

Denominación do posto: xefatura Unidade Operativa.

Código: PE.C99.30.010.36001.001.

Nivel: 22.

Dependencia: Xefatura Comarcal de Pontevedra - Base Operativa.

Localidade: Pontevedra.