Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2013 Páx. 28557

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 5 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador IN635C 2013/68-2 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria en Lugo, rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

Lugo, 5 de xullo de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN635C 2013/68-2.

Interesada: Ana Mª Escudero Rodríguez.

Último domicilio coñecido: praza Maior, 6, Viveiro, Lugo.

Acto notificado: incoación de expediente sancionador.

Expediente: IN635C 2013/70-2.

Interesado: José Prado Castro.

Último domicilio coñecido: Acea de Olga, 53, Lugo.

Acto notificado: incoación de expediente sancionador.

Expediente: IN635C 2013/72-2.

Interesada: Comunidade de propietarios.

Último domicilio coñecido: estrada da Granxa, 9, Lugo.

Acto notificado: incoación de expediente sancionador.

Expediente: IN635C 2013/73-2.

Interesada: Comunidade de propietarios.

Último domicilio coñecido: San Roque, 19-23, Lugo.

Acto notificado: incoación de expediente sancionador.

Expediente: IN635C 2013/83-2.

Interesada: Comunidade de propietarios.

Último domicilio coñecido: Montero Ríos, 4, Lugo.

Acto notificado: incoación de expediente sancionador.