Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2013 Páx. 28552

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de xuño de 2013, da Xetatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente LU-CAZ 089/2013 e outro.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas y de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao final do prazo fixado.

Lugo, 25 de xuño de 2013

José Mª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-CAZ 089/2013.

Interesado: Cervecería Gambrinus.

Acto notificado: iniciación de expediente sancionador.

Expediente: LU-CAZ 090/2013.

Interesado: Cervecería Gambrinus.

Acto notificado: iniciación de expediente sancionador.