Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2013 Páx. 28582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 11 de xuño de 2013, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se require a retirada dos mobles dunha vivenda de titularidade do IGVS (expediente PO-82/080, conta 118).

Requírense aquelas persoas que puidesen ter dereito sobre os mobles que se atopan na vivenda de titularidade do IGVS situada na rúa Alemaña, núm. 53, 4º B, Monteporreiro, Pontevedra para que, unha vez acreditado, os retiren do inmoble no prazo de quince días a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo consideraranse bens abandonados para todos os efectos, segundo o establecido no artigo 703.1º da Lei de axuizamento civil.

Para proceder á entrega dos utensilios deberán dirixirse á Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia, núm. 7, 36071 Pontevedra, teléfonos: 986 80 56 18/07).

Expido, asino e selo este anuncio.

Pontevedra, 11 de xuño de 2013

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luís Díez Yáñez
Xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra